miércoles, 24 de octubre de 2012

OS DE 3 ANOS FORON A HORTA

Os máis cativos do Colexio plantaron na horta as leitugas de folla de roble e o repolo. Disfrutaron un montón coa experiencia de manipular a terra e coa súa plantiña que observan día tras día.
Cada neno/a coa súa plantiña

Abonamos e preparamos a terra




Plantamos
 

PLANTAMOS NO INVERNADOIRO E NA HORTA

Investigamos os cultivos que se poden dar na época otoñal e plantamos no invernadoiro e na horta para observar o proceso de crecemento e a diferencia de coidados necesarios en cada un dos espacios. Plantamos tanto dentro como fora leitugas, repolo, coliflor e brecol. Observemos as diferencias:





Plantas de leituga no Invernadoiro e de coliflor na Horta
 


O repolo e a leituga de folla de roble na Horta


Coliflor e brecol no invernadoiro




Repolo dentro do invernadoiro

Sementamos

Coa terra traballada sementamos os grelos e observamos a evolución do seu crecemento semana a semana
Preparamos o terreo e uns surcos onde sementamos os grelos

Xa comenzan a nacer

O tamaño e o número de sementes nacidas é maior

TODOS COLABORAMOS NA HORTA

Contamos coa colaboración co Concello que nos axudou enviándonos persoal e maquinaria para preparar a terra da horta e do invernadoiro. Agradecemoslle a súa axuda.



Estado inicial do horto
Quedou así despois de desbrozalo e traballalo

martes, 23 de octubre de 2012

Empezamos una andaina de contacto coa natureza animados polo proxecto Voz Natura. Ao longo do curso imos traballar na horta de Bencho, no invernadoiro, arranxar as xardineiras da entrada do hall, aprender moitas cousas sobre as enerxías, facer unha limpeza no Encoro de Cachamuiña, realizar visitas, ...
Con moitas ganas e ilusión damos comenzo ao curso 2012-13, no que pouco a pouco iremos dinamizando e implicando a toda a comunidade educativa.