domingo, 28 de abril de 2013

PLANTAMOS OS PEMENTOS E OS TOMATES

O martes os de 5º de Primaria foron os encargados de plantar os tomates e os pementos no invernadoiro. Quedaronlle fenomenal. As plantas xa comenzan a ter flor.


jueves, 18 de abril de 2013

OBRA DE TEATRO NO COLEXIO SOBRE ENERXÍAS

Un elenco de actores achegados dos máis lonxanos lugares e con moito prestixio a nivel internacional achegaronse ao Ben Cho Shey para estrenar a súa obra de teatro: " BEN-CHO-DIGO,  POLO TEU BEN"
A escenificación foi espectacular e acollida do público maravillosa.
Moitas grazas a Vivi, Noelia, Mati, Montse, Eva, Mónica, Carlos e Jorge, pais e nais de alumnos do colexio, por aportar o voso gran de area ao proxecto de Voz Natura, pola creación inédita da obra de teatro e por suposto polo esforzo, ganas e cariño con que o fixestes.
Como a súa axenda é moi apretada voltarán o xoves día 2 de Maio para representar a obra ao resto do Colexio.
GRAZAS.




martes, 16 de abril de 2013

Saída a Cachamuiña

Hoxe, mércores 17 de Abril, despois das intensas choivas, por fin!!! imos todo o colexio ao embalse de Cachamuiña que está moi preto do noso Centro.
Alí temos programadas unhas actividades moi interesantes: un estudio da flora e da fauna así como da ornitoloxía a cargo de Raúl da asociación bilúricomedio ambiente; unha limpeza de lixo nun pequeno tramo, un estudio e unha charla sobre a calidade das augas, dos ríos e da vexetación de ribeira, ... a cargo da Confederación Hidrográfica.

Foi unha experiencia divertida e moi educativa




SEMANA DA CIENCIA DIVERTIDA

Ao longo desta semana estamos realizando no colexio a 1ª Semana da ciencia divertida con experimentos inxeniosos e moi curiosos, realizados polo alumnado do Centro.
O luns e o martes tocoulle o turno aos de 6º de Primaria e o xoves e venres convertiranse en científicos os nenos/as das aulas de 1º a 5º de Educación Primaria.
A experiencia está resultando moi interesante e curiosa.


O VASO MÁXICO

PELOTA QUE BOTA

A PRESIÓN ATMOSFÉRICA

OS PULMÓNS

MAXIA COA DENSIDADE

A TINTA INVISIBLE

O VOLCÁN DE LAVA
OS NOSOS CIENTÍFICOS DE 3º, 4º E 5º DE PRIMARIA

A LANZADEIRA

O GUANTE MÁXICO

MANÓMETRO CASEIRO

COLORES

CLOBO QUE SE HINCHA SOLO

ESTRELA

O GLOBO QUE NON EXPLOTA

PRINCIPIO DE ARQUÍMIDES


SIN OSÍXENO NON HAI COMBUSTIÓN

A DENSIDADE DOS LÍQUIDOS

INSTRUMENTO MUSICAL CUNHA PALLA DE REFRESCO

LIMONADA


LÁMPADA DE LAVA

O AIRE PESA


O BARCO FUNDIDO

CAMPO MAGNÉTICO




jueves, 11 de abril de 2013

ASÍ TEMOS O NOSO HORTO

A pesar das continuas choivas e de que non da chegado o bo tempo, os vexetais que plantamos no horto van nacendo, encharcados na auga, pero bastante bonito.
Estas son as fotos dos allos, dos chícharos, das cebolas e das patacas queimadas polos fríos nocturnos e diurnos, confiamos en que volvan agrumar e a medrar con calor que virá a vindeira semana, sexamos optimistas.




lunes, 8 de abril de 2013

OS DE 4 ANOS TRABALLAMOS AS ENERXÍAS

Os nenos/as de 4 anos estamos estudando, investigando e traballando sobre as enerxías renovables e non renovables. Estas son algunhas das nosas ideas e fichas.
Traballamos  en colaboracíón co profe de Ingles e xa sabemos moitas palabras relacionadas coas enerxías en inglés. Que divertido!!!




ENTREGA DE DIPLOMAS

Onte entregaronselle os diplomas aos alumnos/as que participaron na exposición de Reciclaxe, elaborando na casa en familia manualidades con materiais de refugallo.
Moitas grazas a todos pola vosa implicación e participación.



COMICS ENERXÍAS

Alguns alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. elaboraron comics sobre as enerxías. Quedoulle xenial . Aquí tedes un exemplo

Comic de 3º de Primaria

Comic de 6º de primaria
Comic de 6º de Primaria
Comic de 4º de Primaria
Comic de 4º de Primaria