sábado, 26 de enero de 2013

REXISTRO DE TEMPERATURAS

Os monitores da aula D'Abaixo: Cris, Santi, Modesto e Iago levan a cabo todolos días cos nenos que quedan na aula dende as 5 da tarde un rexistro de temperaturas que miden diarimente no horto de Bencho.
Suben tódolos días pola tarde a primeira hora, a colle-la temperatura exterior nun termómetro situado á entrada da horta. Alí aproveitan tamén para que os nen@s digan o tipo de tempo que fai (anubrado, soleado, cicloxénesis explosiva…) y botanlle un vistazo a horta controlando máis ou menos o crecemento da  verdura prantada, tanto no exterior coma no invernadeiro, tamén curiosean un pouco nos composteiros para observar o proceso de descomposición.Unha vez na Aula anotan nun gráfico, para que se vexa ao final do curso a oscilación das temperaturas entre o inverno, a primavera e o verán.Unha vez que remata a semana, os vernes, xuntan as temperaturas anotándoo con número e con símbolos metereolóxicos.
Moitas grazas pola vosa colaboración.



Observar e anotan a temperatura no horto e no invernadoiro



Rexistro das temperaturas

domingo, 13 de enero de 2013

CHARLA SOBRE BIODIESEL

Hoxe Rubén, un profe do IES Cidade de Antioquía ven ao Centro a contarnos moitas experiencias e coñecementos sobre a biomasa e o biodiesel, un campo que domina a perfección e no que traballa cos seus alumnos/as do Instituto.
Dará dúas charlas con apoio visual para todolos cursos de primaria dende 1º a 6º con diferente grado de profundización. Grazas pola túa disponibilidade e por compartir con nós os teus coñecementos.

ENTREVISTA EN RADIO VOZ

Esta é a entrevista que me fixeron como coordinadora do proxecto de Voz Natura para Radio Voz o día 12 de Decembro, espero que vos guste.


martes, 1 de enero de 2013

NO NADAL DECORAMOS CON MATERIAIS DE REFUGALLO

Aproveitando a concienciación sobre o reciclaxe, decidimos elaborar árbores de Nadal e adornos con tubos de papel hixienico, bandexas de porex, ... Este é o resultado final


VISITAMOS A TECNOPOLE E A EMPRESA GAÉLICA SOLAR

O día 18 de Decembro os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria visitamos  o horto solar da Tecnopole onde Antonio Gómez nos explicou como funciona, utilidades, mantemento, ... e respostou a todas as nosas inquietudes e preguntas.






A continuación en Gaélica Solar Jesús Eirín e dous compañeiros máis nos ensinaron as instalacións e nos mostraron solucións baseadas nas enerxías renovables.









EXHIBICIÓN DE CETRERIA NO CENTRO

Julio José de 6º  de Primaria xunto coa súa familia nos fixo unha exhibición de cetrería e caza cun azor e de vó cunha curuxa o día 21 de Decembro no patio do Colexio. Grazas por explicarnos, ensinarnos e concienciarnos sobre os coidados destas aves rapaces.





Preparamos as xardineiras do Hall

Este curso decidimos renovar as xardineiras da entrada e comenzamos por vaciarlle a terra e rellenala de novo con terra vexetal contando de novo coa colaboración do Concello, para acondicionalas e plantalas con novas plantas.


Este é o resultado final:


TALLERES DE RECICLAXE

A semana do 10 ao 14 de Decembro levamos a cabo no Colexio unhas charlas e talleres co fin de inculcar no alumnado a importancia de reciclar e reutilizar os materiais que botamos ao lixo. Contamos coa colaboración da aula de abaixo que realizou unhas preciosas arbores de Nadal con cartóns
E en todas as aulas do Colexio, dende 3 anos ata 6º de Primaria, onde Raul nos traballou a concienciación e a elaboración de manualidades con refugallo.