miércoles, 29 de enero de 2014

CHARLA SOBRE A DEPURACIÓN DAS AUGAS

Raúl da asociación Bilúrico deunos unha charla a todo o colexio, o día 28 de Xaneiro,  sobre a depuración das augas, o estado dos ríos e praias, a contaminación, ... e explicou como se realiza o proceso de depuración e realizaron en pequenos grupos un experimento sobre o tema.












CHARLA SOBRE O RÍO LOÑA E O GRAÑAL

Jorge, o papá de dous alumnos do cole, e gran coñecedor de todo o tema de ríos e auga,  prestouse moi gustoso coma sempre  a vir ao  Centro a contarnos cousas do río Loña e do seu afluente o río Grañal porque son os dous ríos que pasan polas localidades dos nosos alumnos/as: Esgos e Pereiro de Aguiar.








martes, 28 de enero de 2014

LEVAMOS AS COLIFLORES Á COCIÑA

O mércores 22 de Xaneiro collemos da nosa horta e do invernadoiro as coliflores que estaban estropeando por mor das chuvias insistentes deste mes e levamolas a cociña para que nos preparara unha rica menestra de verduras. Un neno/ a de cada clase foi a horta a recollelas.



Que boa pinta


Entregándollas a Pilar a nosa gran cociñeira


OS VEXETAIS DA HORTA E DO INVERNADOIRO

A pesar do frío e do mal tempo asi temos a nosa horta e o invernadoiro a día  2 de Xaneiro.










PLANTAMOS LANDRAS

Aproveitando a estancia do axente forestal Santos explicounos as amenazas que sofre a flaura e a flora cos incendios forestais e plantamos landras no horto a xeito de viveiro para na primavera poder transplantar a unha zona queimada dos arredores do colexio.










domingo, 12 de enero de 2014

EXPOSICIÓN: NON QUEIMES O TEU FUTURO

Dende o 9 de Decembro  ata o 20  tivemos no hall do colexio unha exposición cedida polos Amigos da Terra sobre a prevención de incendios forestais, de materiais que atopamos nos bosques, ...










CHARLA DA ASOCIACIÓN COGORDOS

O mércores 18 de Decembro tiveron os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria unha charla de micoloxía a cargo de Antonio Saco gran experto e coñecedor do tema que nos ensinou tipos de cogomelos, a súa formación na natureza, os beneficios e coidados... Foi unha experiencia moi  didáctica.