lunes, 30 de junio de 2014

BO VERÁN

Despois de moito traballo, moitas hora adicadas, pero tamén moita ilusión... merecemos un descanso. Collemos vacacións pero.... en septembro voltamos para traballar neste proxecto medioambiental e centrarnos na HORTA DE BENCHO na riqueza que acolle, no traballo de agricultor, do gandeiro, nos insectos e demáis vichería que viven na horta. Esperannos máis emocións e actividades a partir de septembro con enerxía renovada e con ideas frescas.

Felices Vacacións a todos e unha vez máis GRAZAS  con maiúsculas pola vosa axuda, colaboración e participación.


jueves, 5 de junio de 2014

RECOLLEMOS OS VEXETAIS DO INVERNADOIRO

O día 26 de Maio fomos a recoller os repolos, o brecol e as acelgas que tiñamos no invernadoiro para que na cociña nos fixeran un ríco puré de verdura a nosa cociñeira Pilar. Estaba delicioso con todos os vexetais ecolóxicos da nosa horta.








GRAZAS

Quero como coordinadora do Proxecto darvos a todos/as as grazas pola vosa axuda, colaboración e participación no proxecto Voz Natura.
Sen vós non sería posible levar a cabo un gran proxecto. Un proxecto ambicioso que se culminou e que foi moi amplo abarcando charlas, saídas, exposicións, traballos de investigación, obras de teatro, contacontos, talleres, plantacións no horto e no invernadoiro, recollidas dos vexetais para levalos a cociña, ...

Grazas con maíusculas. Con cariño: CELI


MONTAMOS A EXPOSICIÓN NA CORUÑA

Onte fomos a montar a exposición a Culleredo con tódolos materiais e tódolos traballados realizados no noso Centro coa axuda e colaboración dos nenos/as e das familias. Adiantovos unhas fotos da exposición. A ver se vos gustan.






FOMOS DE EXCURSIÓN Á PRAIA E AO ZOO A VIGO

O 27 de maio fomos de excursión. Que ilusión!!! visitamos o zoo e os animais que alí viven e despois de comer ainda que amenazaba a choiva achegámonos a praia a Samil para disfrutar do mar e da area. Foi unha pena non darnos un pequeno chapuzón.
Pasámolo fenomenal