domingo, 30 de marzo de 2014

DÍA ETNOGRÁFICO

O xoves 27 de Marzo conseguimos reunir a un gran número de artesáns que nos deleitaron coas súas ensinanzas e que compartiron co alumnado do Centro.
Moitas grazas por facer posible este día tan enriquecedor e maravillosos.





















Semana da árbore

Ademáis da saída dos alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º ao monte da Chaira a plantar, tamén os nenos/as de Infantil e 1º Ciclo de primaria fomos plantar nos arredores do colexio. Esta semana culmina coa canción de sementar, sementarei e cunha exposición de traballos sobre diferentes árbores: cerdeiras, salgueiros, vimbieiros, amieiros, castiñeiros, acivros, lodoeiro, carballo, sobreiras, ...













domingo, 23 de marzo de 2014

O MONTE DA CHAIRA: PLANTACIÓN E CARTOGRAFÍA

O martes 18 de Marzo sairon ao monte da Chaira, monte que rodea o noso Centro para realizar unha plantación de árbores e realizar unha actividade de orientación no monte axudándonos de mapas e brúxulas. Os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º aprenderon un monton de cousas, disfrutaron no medio da natureza e coidaron o noso entorno.
O  vindeiro martes, día 25 realizaremos unha plantación de árbores no entorno do colexio para os alumnos/a de Infantil e Primeiro Ciclo.
Contamos coa colaboración de axente forestal Xosé Santos. Moitas grazas polo teu tempo e as túas ensinanzas.







EXPOSICIÓNS

Os de terceiro e os de cuarto expuxeron o venres ao resto da comunidade educativa os seus traballos. Resultou moi gratificante para eles e moi interesante para todos.

TRABALLOS DOS NENOS/AS DE 4º DE PRIMARIA
 
                                   
                                           EXPOSICIÓN E MAQUETA DO RÍO SIL

EXPOSICIÓN DA FLORA E FAUNA DO RÍO LOÑA

RÍO MIÑO

O RELEVO E A RIQUEZA DO MAR




EXPOSICIÓN DO TRABALLOS DE TERCEIRO DE PRIMARIA






PREPARANDO OS SEUS TRABALLOS SOBRE O CICLO DA AUGA, O SEU USO, AS ARBORES, E AS ESTACIONS