jueves, 15 de mayo de 2014

A NOSA HORTA

O 15 de Marzo temos así de fermosa e frondosa a nosa Horta.




CHARLA SOBRE A ORELLA DE MAR

Gonzalo Domínguez Álvarez gran experto e coñecedor sobre a Orella de mar, o marisco máis caro do mundo, acudiu ao Centro a dar unha charla sobre o tema.. Explicoulles que é a orella de mar,  o xeito de reproducción, o cultivo, recetas culinarias, ...
Os nenos estiveron interesadísimos e realizáronlle un montón de preguntas. Unha experiencia moi interesante.
Grazas por compartir con nós os  teus coñecementos e o teu tempo.






EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DE 5º DE PRIMARIA

Os alumnos/as de 5º de Primaria espuxeron ao resto dos nenos/as de Colexio os seus traballos de investigación sobre o río Loña e o Río Grañal. Aprendemos un montón sobre a ubicación, caudal, flora, fauna, ...





UN MAR DE POEMAS

Ao longo da semana do libro aproveitamos para recitar poema sobre ríos e mares. Os nenos/as de primaria dende 1º hasta 6º deleitaronnos con rimas, sensibilidade, emocións de diferentes autores sobre como eles perciben os ríos e os mares.
Unha experiencia moi divertida e didáctica


















domingo, 11 de mayo de 2014

RECOLLEMOS OS REPOLOS

O mércores día 7,  aproveitando que no menú había cocido aproveitamos o repolo do invernadoiro para elaborar con materia prima natural e sen productos químicos esta deliciosa comida.  Os alumnos/as de infantil foron os encargados de recollelos e levalos ás cociñeiras.




COMEMOS LEITUGAS DO NOSO INVERNADOIRO

O luns día 5 de maio recollemos no invernadoiro as frescas e preciosas leitugas que tiñamos alí e degustámola nunha rica ensalada mixta. Estaba tenra e riquísima.