miércoles, 16 de abril de 2014

XOGOS COA AUGA E GYMKANAS

Os piratas da aula d'abaixo: Cris, Santi e Modesto navegaron os sete mares e deleitáronnos con xogos e gymkanas con inxenio e moitas ganas. Resultou unha actividade moi interesante e didáctica na que participou todo o alumnado do Centro.
Pescamos, buscamos pistas, respondemos as preguntas, investigamos, orientámonos, atopamos tesouros, ...
Moitas grazas porque sempre nos sorprendedes con propostas moi divertidas e sempre estades dispostos a colaborar con nós.




















martes, 15 de abril de 2014

TEATRO ANPA

O martes 8 de Abril , a ANPA do colexio representaron  unha obra de teatro na que  deron vida a cangrexos, golfiños, polbos, peixes, fanecas, nenas na praia...
Resultou moi divertida e moi interesante. Moitas grazas pola vosa achega.
Que cariñas!!!



CONTACONTOS

Ao longo da semana do 7 ao 11 de Abril contamos con Eva Losada que veu a contarnos varios contos sobre os río e mares. En 5º e 6º de Primaria puxeronlle música e ritmo ao conto de Acuario. Se podo subirei o vídeo da actuación. Son uns grandes artistas
Eva contándolle Caracola, a carteira centola



Eva cos nenos/as de 5 anos co conto Acuario



Os nenos/as de 3 anos escoitando: Navega Caracol

Os de Segundo de Primaria escoitando Un coelliño na beiramar

4 Anos escoitando Acuario


En 4º de Primaria, Eva contoulle o conto: Selo o Carteiro Xurelo

SAÍDA AO VIVEIRO

O martes 8 de Abril, o mércores 9 e o venres 11 de Abril fomos por ciclos a un  Viveiro para coñecer novas especies arbóreas, as súas características, variedades, ...















TEATRO DE TÍTERES

Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria convertíronse en artistas por un día. Eles inventaron o texto das súas obras de títeres, elaboraron os decorados e crearon e caracterizaron os seus títeres.
As obras titúlanse:
* Los superamigos








* ACUARIO:









Parabens, fixechedes un bo traballo