miércoles, 11 de diciembre de 2013

CHARLA DE SOGAMA

O luns 9 de Decembro a Consellería de Medio Ambiente e Sogama realizaron no Centro con 3º, 4º,5º e 6º unha campaña educativa baixo o lema:  "Separemos ben, reciclaremos mellor" de concienciación sobre a necesidade de reducir a cantidade de lixo, de reutilizar os productos o maior número de veces posible ata esgotar a súa vida útil, e separar as distintas fraccións que conforman o lixo facilitando a súa reciclaxe.










CHARLA DO SEPRONA

O Seprona en colaboración con Voz Natura veu ao Centro o xoves dia 28 de Novembro a impartir unha charla sobre a prevención dos incendios forestais e o seu traballo nos bosques e montes galegos. Esta actividade foi destinada ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria






VISITA A TECNÓPOLE

O mércores 20 de Novembro os de 3º,4º,5º,e 6º de Educación Primaria foron ao parque tecnolóxico para visitar a exposición de experiencias e os talleres de Galiciencia. Os investigadores e emprendedores do futuro chegaron a Tecnópole para mostrar os ses proxectos innovadores na octava edición de Galiciencia.
O xoves viron en directo un espectáculo por internet titulado Superhéroes e ciencia.
A nosa visita está recollida na revista oficial de Galiciencia.
Resultou unha experiencia moi interesante e divertida.














domingo, 8 de diciembre de 2013

EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES CON FROITOS DE OUTONO

Ao longo do mes de Novembro puxemos no hall unha exposición de manualidades feitas con diferentes froitos como castañas, noces, landras, ...
Hai ideas moi orixinais e traballos moi inxeniosos. Aquí tedes unha mostra.







OBRA DE TEATRO NUCABUMGA

O día 7 de Novembro fomos o alumnado de Educación Infantil ( 4 e 5 anos) ao Auditorio Municipal a ver a obra de teatro titulada Nuncabumga , un espectáculo cómico e poético sen palabras que se desenvolve no medio do mar. Alí vive unha persoa que construe o seu fogar. Ún día de tempestade aparece un estrano obxecto nunha rede, coma unha basura máis, daquelas que o mar expulsa ...




EXPOSICIÓN DE CALACÚS

Os noso alumnado en colaboración coas familias elaboraron un montón de calacús que espuxemos no hall do colexio. Irei subindo fotos para que vexades que artistas somos no Pereiro.


PREPARAMOS A HORTA

A principios do mes de Outubro despois de chamar a moitas portas conseguimos que nos enviaran un operario da Diputacion de Ourense a que fresara e preparara a terra da horta para poder comezar as labores de plantado e cultivo tanto na horta coma no invernadoiro. Despois de preparado plantamos repolos, brecoli, coliflor, leitugas, nabizas, ... vexetais propio do inverno.









lunes, 11 de noviembre de 2013

PROXECTO CURSO 2013-14

Comenzamos una nova andaina co proxecto Voz Natura. Despois dunha serie de planificacións e propostas, xa estamos encamiñados para por en práctica todo o que escribimos no papel e encher as nosas propostas de realidades e experiencias gratificantes para todo o alumnado e profesorado do Centro. Arrancamos con moitas ilusións. Dende hoxe subirei fotos e novas relacionadas co proxecto.

lunes, 3 de junio de 2013

ENTREGA DE PREMIOS

Na festa Voz Natura o sábado 1 de Xuño, entregaronnos o premio ao CEIP Ben-Cho-Shey no marco de Acea de Ama e tamén representamos a obra de teatro: Ben Cho digo polo teu ben, coa que se divertiron un montón de público asistente. Grazas a todos.