domingo, 24 de febrero de 2013

RECOLLEMOS O BRÓCOLI E A COLIFLOR

Tiñamos uns fermosos brócolis e coliflores no invernadoiro e levámosllos a cociñeira para que o venres nos fixera un ecolóxico e sanísimo puré de verduras. Estaba riquísimo.
Un neno/a de cada aula axudou a recollelos e levarllos á cociñeira.

 
 


MURAIS DAS ENERXÍAS

Os alumnos/as de 6º de educación Primaria contando co asesoramento, disponibilidade e colaboración inestimable da nosa gran VIRGINIA (a coidadora) están realizando murais sobre as enerxías. Cando estean rematados subirei as fotos, agora vai un anticipo dos mesmos. Grazas pola túa gran axuda.


 

SEGUNDA SEMANA DO RECICLAXE

Levamos a cabo a segunda semana do reciclaxe ( do 18 ao 22 de Febreiro), na que os monitores da aula de atención temperá: Cris, Modesto, Santi e Iago foron os que colaboraron e fixeron posible a mesma, realizando nas diferentes aulas talleres de manualidades empregando materiais de refugallo. É un pracer contar con xente coma eles que aceptan todas as miñas propostas de moi bo grado e que estan dispostos a axudar e participar. Grazas pola colaboración e implicación no proxecto de Voz Natura.

sábado, 23 de febrero de 2013

NÓS COIDAMOS O NOSO PLANETA

Realizamos un mural que colocamos na entrada do Colexio  para recordarlle ao alumnando a importancia  que ten para o noso planeta reutilizar, reciclar e reducir.
Espero que axude a concienciar ao noso alumnado e as súas familias que participaron activamente realizando manualidades con materiais de refugallo.


sábado, 16 de febrero de 2013

COMEMOS AS LEITUGAS DO HORTO

O venres comemos no comedor as leitugas do Horto de Bencho. Estaban boísimas. Tiñamos tres variedades diferentes: primavera, folla riza e folla de roble. Un neno/a de cada clase en representación dos seus compañeiros foi ao horto e ao invernadoiro a recoller e levar a cociña as leitugas.

domingo, 10 de febrero de 2013

OS NOSOS VEXETAIS FORON PARA A COCIÑA DO COMEDOR

Aproveitando que a berza branca estaba moi boa levámoslla a cociñeira para que o venres  preparase un bo cocido para todos aproveitando as datas do entroido.
Un neno de cada clase en representanción axudou a recoller e transportar a berza para o comedor.

jueves, 7 de febrero de 2013

OS VEXETAIS DO INVERNADOIRO

No invernadoiro coidamos con esmero e mimo os repolos, a berza branca, o brecol, as leitugas, a coliflor e as acelgas.
MIRADE QUE PRECIOSIDADE.






lunes, 4 de febrero de 2013

A COMETA DA PAZ

Para o día da Paz o Equipo de Educación Infantil elaboramos unha cometa con material de refugallo e con paxariñas de cores no que ían os nomes de cada un dos nenos/as dende 3 a 5 anos. Conseguimos que voase un tramo moi pequeno a pesar de que non soplaba o vento. O noso obxetivo era explicarlle que a forza do vento fai mover os obxetos e incluso elévaos e voan.

domingo, 3 de febrero de 2013

MANUALIDADES CON MATERIAIS DE REFUGALLO

Como coordinadora do proxecto Voz Natura enviei ás familias unha nota invitándoas a realizar na casa cos seus fillos/as manualidades e obxetos con material de refugallo ao longo do mes de Xaneiro. Con todas as achegas temos unha exposición no hall do Colexio. A acollida foi espectacular así como a aportación e a calidade dos traballos.
Enhoraboa a todos e moitas grazas pola vosa aportación. Podedes pasar polo Centro e ver os traballos fantásticas que hai.

SEMANA DE CONTACONTOS SOBRE A RECICLAXE

Eva a monitora da Biblioteca do Concello de Pereiro de Aguiar acudiu o día 29 ao Centro para contarlle o conto dos Bolechas: "Coidamos a escola, coidamos o planeta" aos nenos/as de Educación Infantil e realizar con eles actividades e xogos de reciclaxe.
O día 30 foi as aulas de 1º, 2º de Primaria a realizar unha actividade moi creativa a partir do conto: "Non é unha caixa da Ed. Factoria k de libros
O día 31 ás aulas de 3º e 4º de Primaria llevou dúas maletas viaxeiras con libros de lectura que nos ceden en préstamo e una proposta de traballo sobre medidas de reciclaxe na casa e na escola. 
Para rematar o día 1 de Febreiro en 5º e 6º de Primaria fixo xogos da Oca e do Trivial de elaboración propia sobre a reciclaxe que nos cedeu ao Centro.

Foi unha experiencia moi interesante. Moitas grazas pola túa colaboración










CHARLA SOBRE ENERGÍAS Y CIENCIA CREATIVA

O martes, día 29 acudiu ao Colexio Raúl da asociación Bilurico Medio Ambiente para dar una pequena charla sobre as enerxías e aportar ideas para que en todalas aulas realicen experimentos encamiñados a realizar unha exposición dos traballos e experiencias nos primeiros días do mes de maio.
Realizouse en dúas sesións de unha hora de duración dende 1º a 6º de Primaria.