martes, 26 de mayo de 2015

Participamos nun concurso de VOZ NATURA cun video onde recollemos as actividades medioambientales que fixemos. Por favor votade no  Facebook de Voz Natura o vídeo do CEIP. BEN CHO SHEY. Este é o enlace.

https://premium.easypromosapp.com/voteme/32337/620428893


Grazas

lunes, 11 de mayo de 2015

TALLER DE VELAS

O mércores 15 de Abril na aula de 3º B,  o día 28 de Abril nas aulas de 4º, 5º e 6º e o xoves 30 na aula de 5 anos realizouse un taller de velas con cera de abella natural e con distintas formas e cores guiados por Fina Pérez Movilla. Foi unha experiencia moi chula e divertida de manipulacion cos sentidos. Grazas. 







CONTACONTOS

Eva Losada acudiu ao Centro a realizar o día 23 de Abril unha sesión de contacontos coa temática da Horta e achegounos dúas mascotas: un caracol e un verme, que adoptamos na aula de 3 anos A. Resultou moi divertido. Sempre é unha experiencia e unha sesión moi interesante. 
GRAZAS EVA. 











CATA DE MEL

Ao longo da derradeira semana de Abril levamos a cabo unha cata de meles de diferentes sabores e texturas e cubriron o alumnado e o profesorado unha enquisa. Con eses datos imos facer un estudo.







A HORTA DE BENCHO NA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO

Así de frondosos e explendorosos  están os vexetais da Horta grazas ao rego e as temperaturas primaverais destes días.





RECOLLEMOS AS ACELGAS PARA A MESA

O venres, día 8  de Maio recollemos as acelgas que estaban preciosas do invernadoiro para levalas á cociña e a nosa magnífica cociñeira nos deleitou cunha riquísima crema de verduras.







domingo, 10 de mayo de 2015

REMEXENDO

Alicia Fernández Lorenzo, inxeneira e implicada co medio natural, acudiu ao colexio o 27 de Abril ao Centro para impartir unha charla aos diferentes ciclos de Primaria e Infantil sobre a reciclaxe e os fitosanitarios: a degradación do medio, recursos alternativos, realización de arte co lixo, … que chamou REMEXER. A parte da súa charla tamén montou unha exposición cun montón de ideas e recursos para facer con lixo e fixo un taller cos maiores para facer pulseiras con chapas das latas de refrescos e tamén nos aportou os materiais para levar a cabo as titoras de un taller dunha tartaruga cos ocos das oveiras e animais con cartóns de ovos. 
GRAZAS ALICIA canto aprendemos coa túa axuda.