domingo, 31 de marzo de 2013

ESTAMOS ELABORANDO AS MAQUETAS

Os de 6º de Primaria, a coidadora Virginia e eu, a coordinadora do proxecto estamos traballando na elaboración de diversas maquetas sobre enerxías.
Aquí tedes un avance do noso traballo. Ainda nos queda moito traballo.

Boceto maqueta biomasa

boceta maqueta hidráulica

boceto maqueta placas solares

CHARLA SOBRE ECOXENERACIÓN: REAPROVEITAMENTO DAS ENERXÍAS

Carlos Saco, o papá de Antía de 4 anos, veu ao Centro o día 19 de Marzo a darnos unha charla sobre ecoxeneración, a contarnos como na súa empresa aproveitan as máquinas para utilizar varias enerxías a vez e diversificar o seu rendemento. Moitas grazas pola túa información e túa disponibilidade.



jueves, 14 de marzo de 2013

Saímos na Voz de Galicia

Onte a Voz de Galicia fixose eco da nosa saída á Central de Velle e ao Muiño de Auga que hai en Cachamuiña, dúas visitas moi interesantes para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, e sacou unha noticia na súa edición de Ourense. Podedes lela no seguinte enlace.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/03/13/voz-natura-sale-aulas-ver-transformacion-energetica/0003_201303O13C2996.htm

martes, 12 de marzo de 2013

RECOLLEMOS NO INVERNADOIRO O REPOLO PARA O COCIDO DO XOVES



O mercores un alumno/a de cada aula en representación dos seus compañeiros, vai a recoller os  repolos do invernadoiro para que o xoves a cociñeira nos faga un rico cocido.

OS DE 6º DE PRIMARIA EXPON OS SEUS TRABALLOS

Os alumnos/as de 6º de Primaria ao longo do curso realizaron traballos de investigación sobre as enerxías. Cada grupo centrou o seu estudo nunha enerxía, e agora chegou o momento de exporllo ao resto dos compañeiros da clase e ao resto do alumnado do Centro.
Onte, hoxe e mañá pasan por infantil para contartos o que aprenderon. Xa sabemos moitas cousas da enerxía solar, da biomasa, e das non renovables ( gas, petróleo, carbón e centrales nucleares). Aquí van as fotos.





Agora nós os de 4 anos de Educación Infantil tamén imos investigar sobre as enerxías e elaborar un dossier de medidas de aforro.

domingo, 3 de marzo de 2013

TRABALLAMOS NO NOSO HORTO

Despois do frío e chuvioso inverno, por fin! pudemos ir a plantar. O xoves pola tarde os nenos de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos e os de Segundo de Primaria plantaron os allos, as chalotas, os chícharos e as patacas.
Ainda nos queda moito traballo por diante e o luns seguiremos coas tarefas no horto polo que pasaran o resto dos cursos a plantar as cebolas, os allos porros, as leitugas e os repolos.

Plantando os nenos/as de 2º as patacas

Alfonso vai plantar un allo

Os de 4 anos colocan os allos con moito mimo no rego

Os de 5 anos plantando os chícharos

Aos de 3 anos gustoulle o color rosado das chalotas

os de 4 anos plantaron allos


Que ben nos quedou. Verdade?

sábado, 2 de marzo de 2013

VISITA AO MUIÑO DE AUGA DE CACHAMUIÑA

O martes 26 de Febreiro visitamos un muiño de auga que un veciño da zona ten rehabilitado e que nos amosou con moita amabilidade.Ensinounos e explicounos as partes, o funcionamento, o uso,... e esto fixo que os alumnos/as de 5º de primaria viran en vivo e en directo o que investigaran e estudaran sobre os muiños de auga. Grazas pola visita, disponibilidade e amabilidade con nós.

Entrando no muiño


Baixando polo camiño pedregoso e fozado polo xabarín pero mereceu a pena


VISITA Á CENTRAL HIDROELÉCTRICA DE VELLE

O martes 26 de Febreiro fomos visitar a Central de Velle, un total de 52 nenos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria. Ensináronnos as instalacións, as salas de máquinas, a de control da Central, explicáronnos como a través da auga se xenera enerxía e o seu aproveitamento e uso na nosa cidade e noutras limítrofes. Grazas pola amabilide e pola visita.