Os nenos/as de 5º de Primaria xunto coa súa titora Mª Dolores plantaron a berza galega, coidaron o abono a plantación e o rego. Quedoulle fenomenal, parabéns para eles.
Preparamos os composteiros e compostamos.Implicamos a toda a comunidade educativa: na cociña recollen as verduras e froitas que non serven para o composteiro, os nenos/as recollen as follas do patio, e cada semana unha patrulla ecolóxica (a clase asignado) nos recorda as normas e mantemos limpo o noso colexio.
Para celebrar o día das enerxías en todo o colexio realizamos diferentes actividades como presentacións en power point das mesmas, charlas, debuxos, elaboración de papaventos con diferentes materiais, fichas de parques eólicos, ...
Durante a semana as ultimas semanas de Outubro celebramos a festa do Samaín con actividades de investigación, xogos,... e como non podía ser doutro xeito cunha exposición de cabazas moi traballadas e orixinais.
Parabens para todos pola vosa creatividade e participación.
Os de quinto e sexto de primaria tamén ten o seu recuncho na horta. Os maiores plantaron as coliflores e os allos porros, mentres que os de sexto limparon e plantaron os amorodos que coidan con agarimo
O 21 de Outubro foi o día das enerxías e non podíamos deixar pasar este día sen conmemoralo de xeito especial e por iso preparamos en infantil un mural sobre o tema que espuxemos no hall do colexio, ademáis de presentarlle o proxecto das enerxías aos alumnado do Centro con power points, vídeos e de facer fichas, debuxos e manualidades.