Hoxe Rubén, un profe do IES Cidade de Antioquía ven ao Centro a contarnos moitas experiencias e coñecementos sobre a biomasa e o biodiesel, un campo que domina a perfección e no que traballa cos seus alumnos/as do Instituto.
Dará dúas charlas con apoio visual para todolos cursos de primaria dende 1º a 6º con diferente grado de profundización. Grazas pola túa disponibilidade e por compartir con nós os teus coñecementos.
domingo, 13 de enero de 2013
ENTREVISTA EN RADIO VOZ
Esta é a entrevista que me fixeron como coordinadora do proxecto de Voz Natura para Radio Voz o día 12 de Decembro, espero que vos guste.
martes, 1 de enero de 2013
NO NADAL DECORAMOS CON MATERIAIS DE REFUGALLO
Aproveitando a concienciación sobre o reciclaxe, decidimos elaborar árbores de Nadal e adornos con tubos de papel hixienico, bandexas de porex, ... Este é o resultado final
VISITAMOS A TECNOPOLE E A EMPRESA GAÉLICA SOLAR
O día 18 de Decembro os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria visitamos o horto solar da Tecnopole onde Antonio Gómez nos explicou como funciona, utilidades, mantemento, ... e respostou a todas as nosas inquietudes e preguntas.
A continuación en Gaélica Solar Jesús Eirín e dous compañeiros máis nos ensinaron as instalacións e nos mostraron solucións baseadas nas enerxías renovables.
A continuación en Gaélica Solar Jesús Eirín e dous compañeiros máis nos ensinaron as instalacións e nos mostraron solucións baseadas nas enerxías renovables.
EXHIBICIÓN DE CETRERIA NO CENTRO
Julio José de 6º de Primaria xunto coa súa familia nos fixo unha exhibición de cetrería e caza cun azor e de vó cunha curuxa o día 21 de Decembro no patio do Colexio. Grazas por explicarnos, ensinarnos e concienciarnos sobre os coidados destas aves rapaces.
Preparamos as xardineiras do Hall
Este curso decidimos renovar as xardineiras da entrada e comenzamos por vaciarlle a terra e rellenala de novo con terra vexetal contando de novo coa colaboración do Concello, para acondicionalas e plantalas con novas plantas.
Este é o resultado final:
Este é o resultado final:
TALLERES DE RECICLAXE
A semana do 10 ao 14 de Decembro levamos a cabo no Colexio unhas charlas e talleres co fin de inculcar no alumnado a importancia de reciclar e reutilizar os materiais que botamos ao lixo. Contamos coa colaboración da aula de abaixo que realizou unhas preciosas arbores de Nadal con cartóns
E en todas as aulas do Colexio, dende 3 anos ata 6º de Primaria, onde Raul nos traballou a concienciación e a elaboración de manualidades con refugallo.
E en todas as aulas do Colexio, dende 3 anos ata 6º de Primaria, onde Raul nos traballou a concienciación e a elaboración de manualidades con refugallo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























