sábado, 16 de febrero de 2013
COMEMOS AS LEITUGAS DO HORTO
O venres comemos no comedor as leitugas do Horto de Bencho. Estaban boísimas. Tiñamos tres variedades diferentes: primavera, folla riza e folla de roble.
Un neno/a de cada clase en representación dos seus compañeiros foi ao horto e ao invernadoiro a recoller e levar a cociña as leitugas.
domingo, 10 de febrero de 2013
OS NOSOS VEXETAIS FORON PARA A COCIÑA DO COMEDOR
Aproveitando que a berza branca estaba moi boa levámoslla a cociñeira para que o venres preparase un bo cocido para todos aproveitando as datas do entroido.
Un neno de cada clase en representanción axudou a recoller e transportar a berza para o comedor.
Un neno de cada clase en representanción axudou a recoller e transportar a berza para o comedor.
jueves, 7 de febrero de 2013
OS VEXETAIS DO INVERNADOIRO
No invernadoiro coidamos con esmero e mimo os repolos, a berza branca, o brecol, as leitugas, a coliflor e as acelgas.
MIRADE QUE PRECIOSIDADE.
MIRADE QUE PRECIOSIDADE.
lunes, 4 de febrero de 2013
A COMETA DA PAZ
Para o día da Paz o Equipo de Educación Infantil elaboramos unha cometa con material de refugallo e con paxariñas de cores no que ían os nomes de cada un dos nenos/as dende 3 a 5 anos. Conseguimos que voase un tramo moi pequeno a pesar de que non soplaba o vento. O noso obxetivo era explicarlle que a forza do vento fai mover os obxetos e incluso elévaos e voan.
domingo, 3 de febrero de 2013
MANUALIDADES CON MATERIAIS DE REFUGALLO
Como coordinadora do proxecto Voz Natura enviei ás familias unha nota invitándoas a realizar na casa cos seus fillos/as manualidades e obxetos con material de refugallo ao longo do mes de Xaneiro. Con todas as achegas temos unha exposición no hall do Colexio. A acollida foi espectacular así como a aportación e a calidade dos traballos.
Enhoraboa a todos e moitas grazas pola vosa aportación. Podedes pasar polo Centro e ver os traballos fantásticas que hai.
Enhoraboa a todos e moitas grazas pola vosa aportación. Podedes pasar polo Centro e ver os traballos fantásticas que hai.
SEMANA DE CONTACONTOS SOBRE A RECICLAXE
Eva a monitora da Biblioteca do Concello de Pereiro de Aguiar acudiu o día 29 ao Centro para contarlle o conto dos Bolechas: "Coidamos a escola, coidamos o planeta" aos nenos/as de Educación Infantil e realizar con eles actividades e xogos de reciclaxe.
O día 30 foi as aulas de 1º, 2º de Primaria a realizar unha actividade moi creativa a partir do conto: "Non é unha caixa da Ed. Factoria k de libros
O día 31 ás aulas de 3º e 4º de Primaria llevou dúas maletas viaxeiras con libros de lectura que nos ceden en préstamo e una proposta de traballo sobre medidas de reciclaxe na casa e na escola.
Para rematar o día 1 de Febreiro en 5º e 6º de Primaria fixo xogos da Oca e do Trivial de elaboración propia sobre a reciclaxe que nos cedeu ao Centro.
Foi unha experiencia moi interesante. Moitas grazas pola túa colaboración
CHARLA SOBRE ENERGÍAS Y CIENCIA CREATIVA
O martes, día 29 acudiu ao Colexio Raúl da asociación Bilurico Medio Ambiente para dar una pequena charla sobre as enerxías e aportar ideas para que en todalas aulas realicen experimentos encamiñados a realizar unha exposición dos traballos e experiencias nos primeiros días do mes de maio.
Realizouse en dúas sesións de unha hora de duración dende 1º a 6º de Primaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

