Carlos Saco, o papá de Antía de 4 anos, veu ao Centro o día 19 de Marzo a darnos unha charla sobre ecoxeneración, a contarnos como na súa empresa aproveitan as máquinas para utilizar varias enerxías a vez e diversificar o seu rendemento. Moitas grazas pola túa información e túa disponibilidade.
domingo, 31 de marzo de 2013
jueves, 14 de marzo de 2013
Saímos na Voz de Galicia
Onte a Voz de Galicia fixose eco da nosa saída á Central de Velle e ao Muiño de Auga que hai en Cachamuiña, dúas visitas moi interesantes para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, e sacou unha noticia na súa edición de Ourense. Podedes lela no seguinte enlace.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/03/13/voz-natura-sale-aulas-ver-transformacion-energetica/0003_201303O13C2996.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/03/13/voz-natura-sale-aulas-ver-transformacion-energetica/0003_201303O13C2996.htm
martes, 12 de marzo de 2013
RECOLLEMOS NO INVERNADOIRO O REPOLO PARA O COCIDO DO XOVES
O mercores un alumno/a de cada aula en representación dos seus compañeiros, vai a recoller os repolos do invernadoiro para que o xoves a cociñeira nos faga un rico cocido.
OS DE 6º DE PRIMARIA EXPON OS SEUS TRABALLOS
Os alumnos/as de 6º de Primaria ao longo do curso realizaron traballos de investigación sobre as enerxías. Cada grupo centrou o seu estudo nunha enerxía, e agora chegou o momento de exporllo ao resto dos compañeiros da clase e ao resto do alumnado do Centro.
Onte, hoxe e mañá pasan por infantil para contartos o que aprenderon. Xa sabemos moitas cousas da enerxía solar, da biomasa, e das non renovables ( gas, petróleo, carbón e centrales nucleares). Aquí van as fotos.
Agora nós os de 4 anos de Educación Infantil tamén imos investigar sobre as enerxías e elaborar un dossier de medidas de aforro.

domingo, 3 de marzo de 2013
TRABALLAMOS NO NOSO HORTO
Despois do frío e chuvioso inverno, por fin! pudemos ir a plantar. O xoves pola tarde os nenos de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos e os de Segundo de Primaria plantaron os allos, as chalotas, os chícharos e as patacas.
Ainda nos queda moito traballo por diante e o luns seguiremos coas tarefas no horto polo que pasaran o resto dos cursos a plantar as cebolas, os allos porros, as leitugas e os repolos.
Ainda nos queda moito traballo por diante e o luns seguiremos coas tarefas no horto polo que pasaran o resto dos cursos a plantar as cebolas, os allos porros, as leitugas e os repolos.
| Plantando os nenos/as de 2º as patacas |
| Alfonso vai plantar un allo |
| Os de 4 anos colocan os allos con moito mimo no rego |
| Os de 5 anos plantando os chícharos |
| Aos de 3 anos gustoulle o color rosado das chalotas |
| os de 4 anos plantaron allos |
| Que ben nos quedou. Verdade? |
sábado, 2 de marzo de 2013
VISITA AO MUIÑO DE AUGA DE CACHAMUIÑA
O martes 26 de Febreiro visitamos un muiño de auga que un veciño da zona ten rehabilitado e que nos amosou con moita amabilidade.Ensinounos e explicounos as partes, o funcionamento, o uso,... e esto fixo que os alumnos/as de 5º de primaria viran en vivo e en directo o que investigaran e estudaran sobre os muiños de auga. Grazas pola visita, disponibilidade e amabilidade con nós.
| Entrando no muiño |
| Baixando polo camiño pedregoso e fozado polo xabarín pero mereceu a pena |
VISITA Á CENTRAL HIDROELÉCTRICA DE VELLE
O martes 26 de Febreiro fomos visitar a Central de Velle, un total de 52 nenos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria. Ensináronnos as instalacións, as salas de máquinas, a de control da Central, explicáronnos como a través da auga se xenera enerxía e o seu aproveitamento e uso na nosa cidade e noutras limítrofes. Grazas pola amabilide e pola visita.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)