domingo, 8 de diciembre de 2013

EXPOSICIÓN DE CALACÚS

Os noso alumnado en colaboración coas familias elaboraron un montón de calacús que espuxemos no hall do colexio. Irei subindo fotos para que vexades que artistas somos no Pereiro.


PREPARAMOS A HORTA

A principios do mes de Outubro despois de chamar a moitas portas conseguimos que nos enviaran un operario da Diputacion de Ourense a que fresara e preparara a terra da horta para poder comezar as labores de plantado e cultivo tanto na horta coma no invernadoiro. Despois de preparado plantamos repolos, brecoli, coliflor, leitugas, nabizas, ... vexetais propio do inverno.









lunes, 11 de noviembre de 2013

PROXECTO CURSO 2013-14

Comenzamos una nova andaina co proxecto Voz Natura. Despois dunha serie de planificacións e propostas, xa estamos encamiñados para por en práctica todo o que escribimos no papel e encher as nosas propostas de realidades e experiencias gratificantes para todo o alumnado e profesorado do Centro. Arrancamos con moitas ilusións. Dende hoxe subirei fotos e novas relacionadas co proxecto.

lunes, 3 de junio de 2013

ENTREGA DE PREMIOS

Na festa Voz Natura o sábado 1 de Xuño, entregaronnos o premio ao CEIP Ben-Cho-Shey no marco de Acea de Ama e tamén representamos a obra de teatro: Ben Cho digo polo teu ben, coa que se divertiron un montón de público asistente. Grazas a todos.












lunes, 27 de mayo de 2013

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Como coordinadora do proyecto quero agradecer a colaboración e a implicación de toda a Comunidade Educativa:

- A todo o alumnado dende 3 anos hasta 6º de Primaria que traballaron, investigaron, espuxeron os seus traballos, realizaron murais, maquetas, elaboraron comics, guías de aforro enerxético, de auga, semana das ciencias, ...
 - Ao profesorado do Centro pola disponibilidade para levar a cabo a proposta de programación horizontal e vertical incluida na PXA do Centro, e deseñada polo equipo de Voz Natura.
 - Á coidadora do Centro: Virginia pola súa gran implicación e colaboración nos murais e maquetas e en todalas propostas.
 - A Andrés pola súa axuda cos temas eléctricos, técnicos, fotográficos e a súa disponibilidade.  
 -Ao personal de cociña: Maite, Edita e Maruja por preparar os vexetais que lles levamos do horto e do invernadoiro e pola súa axuda activa na  compostaxe
 - Á Anpa pola colaboración, creación e representación para todo o Centro dunha obra de teatro sobre enerxías: Ben-cho-digo, polo teu ben”
- Ás familias pola súa aportación coas manualidades elaboradas con materiais de refugallo e a colaboración activa en todalas propostas
- Aos monitores da aula de Atención Temperá pola súa implicación: rexistro das temperaturas e participación na segunda semana de reciclaxe.
 - Ao Concello de Pereiro de Aguiar por traballar inicialmente o horto, despois de un ano sen plantalo, por traer terra vexetal, por recoller os papeis, pilas e plásticos que reciclamos no Colexio.
- Ao Concello de Esgos pola financiación do autobús para ir á festa Voz Natura o día 1 de Xuño.
         - Á monitora da Biblioteca: Eva por vir ao Centro a realizar as sesións de contacontos sobre a reciclaxe.
 - A Carlos, o pai de Antía Saco pola súa charla sobre ecoxeneración
 - A Berna o pai de Anxo e Alba Rodríguez pola súa charla sobre eólicos
 - Ao meu pai que colaborou no coidado e plantación do horto e do invernadoiro, cavando, desbrozando, sachando, preparando a terra e plantando con todo o alumnado do Colexio
 - A empresa Gaélica Solar, a Tecnópole pola guía e visita nas súas instalacións.
 - A Bea Monfort,  mamá de Martina de 3 anos por xestionar e facer posible a visita
 - A Pepe por deixarnos visitar o seu muiño de auga
- A Gas Natural pola visita guiada á Central Hidroeléctrica de Velle 
- A Ruben Garrido, o profe do IES Cidade de Antioquía pola súa exposición sobre biodiesel
 - A Raúl Fdez por colaborar na semana da reciclaxe, na  charla de ciencia creativa, polas explicacións na saída de Cachamuiña, ...
- Á Voz de Galicia por facerse eco dalgunhas das actividades realizadas no Centro, e en particular a Cándida Andaluz.

 Grazas a todos este proxecto fíxose realidade e abarcáronse moitos e variados campos. Só me queda dicir que con ilusión e esforzo consíguense grandes aprendizaxes e logros.  

jueves, 23 de mayo de 2013

INFORMACIÓN SOBRE A FESTA VOZ NATURA

O día 1 de Xuño celebrase a festa de fin de curso do programa Voz Natura e sobre as 13'30 entregarannos os premios aos colexios que máis destacaron cos seus proxectos de protección e defensa do medio ambiente, entre eles o noso,  o Colexio Ben Cho Shey e os actores do Bencho farán o seu debut en Acea de Ama as 16 horas. Esperovos animándo e sentíndovos felices de formar parte da Comunidade Educativa.

Podedes ver o programa de actividades, o plano, como chegar, ... no seguinte enlace
http://www.voznatura.es/fiesta/index.php?idseccion=11


sábado, 18 de mayo de 2013

PREMIO VOZ NATURA

GRAZAS AO ESFORZO, IMPLICACIÓN E TRABALLO DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA CUMPLIUSE UN SONO:

GAÑAR O CEIP BEN-CHO-SHEY O PREMIO OURENSE DE VOZ NATURA, QUE NOS ENTREGARAN O DÍA 1 DE XUÑO NA FESTA VOZ NATURA, EN ACEA DE AMA.

A UNIÓN FAI A FORZA E TODOS XUNTOS SOMOS QUEN DE ACADAR COUSAS POR, CON E PARA  OS NOSOS NENOS/AS.


               PARABENS A TODOS.