martes, 4 de marzo de 2014

REALIZAMOS MURAIS

As aulas de 4º de Educación Primaria e de 5 anos de Educación Infantil están realizando ilusionadísimos, varios murais sobre os mares e ríos. Aquí vai un primeiro esbozo do bozeto e do comezo. Cando estea rematado subirei unha foto para que os vexades.




RECOLLEMOS O BRECOL DO NOSO INVERNADOIRO

A pesares do mal tempo, frío e continuas choivas, conseguimos dentro do invernadoiro unha boa colleita de brecol, que o día 18 de Febreiro recollemos para levar a cociña xa que ao día seguinte a nosa cociñeira Pilar ía preparalo.





SEMANA DAS AUDICIÓNS MUSICAIS

En coordinación coa profe de música na semana do 17 ao 21 de febreiro traballamos o tema da augua a partir da música con . El acuario de Saint- Saens . El lago de los cisnes de Tchaikosky . La barcarola de los cuentos de Hoffman . El titanic de Andre Rieu O obxectivo é despertar o gusto polas audicíons e o disfrute da música; traballando as sensacións e percepcións, a historia do autor e da música que compón, os instrumentos que interveñen, ...

CHARLA SOBRE AS AUGAS DO CONCELLO DE PEREIRO DE AGUIAR

Ana Gómez, acudiu ao Centro, o día 18 de Febreiro, xa que a metereoloxía non nos acompaña, a mostrarnos imaxes e a contarnos historias sobre as fontes, pozos, regatos, ríos, encoro, ... do Concello. Resultou moi interesante e os nenos estaban emocionadísimos recoñecendo lugares que lle son familiares e que están ubicados no seu entorno máis próximo.

EXPOSICIÓN SOBRE O CICLO DA AUGA

Os nenos/as de 3º de Primaria estiveron realizando un traballo de investigación sobre o ciclo da auga. Ao remate fixeron unha exposición os días 14 e 18 de Febreiro nos cursos de 4 e 5 anos, nas aulas de 1º e 2º de Primaria. Fixéstelo estupendamente. Un gran traballo.


domingo, 16 de febrero de 2014

OS NOSOS ARTISTAS DE 6º

Os nenos/as de 6º están preparando dúas obras de teatro de títeres. Eles preparan os seus guións, o decorado e moi pronto representarana para todo o alumnado.

COMEMOS ENSALADA DA NOSA HORTA

O mércores 12 de Febreiro recollemos as leitugas que tiñamos no invernadoiro para degustalas no comedor nunha rica ensalada mixta. Un neno/a de cada aula en representación levou as leitugas a nosa cociñeira Pilar para que ela as preparase.