Ao longo da semana do libro aproveitamos para recitar poema sobre ríos e mares. Os nenos/as de primaria dende 1º hasta 6º deleitaronnos con rimas, sensibilidade, emocións de diferentes autores sobre como eles perciben os ríos e os mares.
Unha experiencia moi divertida e didáctica
jueves, 15 de mayo de 2014
domingo, 11 de mayo de 2014
RECOLLEMOS OS REPOLOS
O mércores día 7, aproveitando que no menú había cocido aproveitamos o repolo do invernadoiro para elaborar con materia prima natural e sen productos químicos esta deliciosa comida. Os alumnos/as de infantil foron os encargados de recollelos e levalos ás cociñeiras.
COMEMOS LEITUGAS DO NOSO INVERNADOIRO
O luns día 5 de maio recollemos no invernadoiro as frescas e preciosas leitugas que tiñamos alí e degustámola nunha rica ensalada mixta. Estaba tenra e riquísima.
miércoles, 16 de abril de 2014
XOGOS COA AUGA E GYMKANAS
Os piratas da aula d'abaixo: Cris, Santi e Modesto navegaron os sete mares e deleitáronnos con xogos e gymkanas con inxenio e moitas ganas. Resultou unha actividade moi interesante e didáctica na que participou todo o alumnado do Centro.
Pescamos, buscamos pistas, respondemos as preguntas, investigamos, orientámonos, atopamos tesouros, ...
Moitas grazas porque sempre nos sorprendedes con propostas moi divertidas e sempre estades dispostos a colaborar con nós.
Pescamos, buscamos pistas, respondemos as preguntas, investigamos, orientámonos, atopamos tesouros, ...
Moitas grazas porque sempre nos sorprendedes con propostas moi divertidas e sempre estades dispostos a colaborar con nós.
martes, 15 de abril de 2014
TEATRO ANPA
CONTACONTOS
Ao longo da semana do 7 ao 11 de Abril contamos con Eva Losada que veu a contarnos varios contos sobre os río e mares. En 5º e 6º de Primaria puxeronlle música e ritmo ao conto de Acuario. Se podo subirei o vídeo da actuación. Son uns grandes artistas
| Eva contándolle Caracola, a carteira centola |
| Eva cos nenos/as de 5 anos co conto Acuario |
| Os nenos/as de 3 anos escoitando: Navega Caracol |
| Os de Segundo de Primaria escoitando Un coelliño na beiramar |
| 4 Anos escoitando Acuario |
| En 4º de Primaria, Eva contoulle o conto: Selo o Carteiro Xurelo |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


