domingo, 1 de febrero de 2015

GALICIENCIA 2014 E OS NOSOS PROXECTOS

Este ano por pimeira vez Galiciencia estaba aberto a Educación Primaria e o noso centro animouse a participar con catro traballos de investigación enmarcados en catro proxectos relacionados co proxecto de Voz Natura:
- Pesticidas ecolóxicos de 6º de E.P.
- Comendo san, gañamos saúde de 5º de E.P.
- A botica do mel de 4º de E.P.
- Ben- Rubick de dous alumno do Centro: Cecilia e Mateo González
Resultou unha experiencia moi interesante e motivadora para o alumnado.








 O Conselleiro de Economía e Industria: Don Francisco Conde López interesouse polos nosos traballos e preguntoulles aos nenos/as nos diferentes stands.





EXPOSICIÓN DE CALACÚS

Como ven sendo habitual a semana antes do 30 de Outubro contando coa colaboración das familias levamos a cabo unha exposición de orixinais calacús onde o inxenio e a sofisticación están presentes. Aqui tedes unha mostra.








martes, 2 de diciembre de 2014

DÍA MUNDIAL DO NON USO DE PLAGUICIDAS

O 3 de decembro celébrase o Día Munidal do NON USO de PLAGUICIDAS. Unha data elexida polas más de 400 organizacións membros da PAN (Pesticide Action Network), para lembrar  aos máis de  16.000 mortos a consecuencia da catástrofe de Bophal, ocurrida na  India en 1984.
Ademáis dos accidentes graves e do dano aos ecositemas, os  plaguicidas provocan ao ano miles de problemas graves de saúde ( intoxicacións crónicas e agudas) en agricultores e consumidores ao entrar na cadea alimenticia.

O alumnado de Sexto de Primaria fixo unha investigación sobre os pesticidas ecolóxicos que expuxo en Galiciencia Deixovos algunas fotos.
Folla das ventaxas e inconvintes do uso de pesticidas

En Galiciencia, parque Tecnologico de Ourense

Co Conselleiro de Industria. 

miércoles, 15 de octubre de 2014

ENQUISA

Hoxe enviamos ás familias unha enquisa para que papá ou mamá nos contesten de xeito anónimo sobre o uso das prantas aromática ns e menciñeiras nos fogares, xa que dende o Centro estamos a facer un estudo sobre os usos das mesmas que recolleremos en gráficos e que saberedes os resultados neste blog.
Lembrai que a data de entrega é antes do 24 de Novembro .
Grazas pola vosa colaboración

A HORTA EN OUTUBRO D0 2014






Asi de bonita está a Horta de Bencho e os vexetais que temos nela. Da envidia vela!!!!










A MASCOTA DA HORTA

Este curso temos a nosa mascota Bencho, o toupo, en madeira feito en maquetería e pintada coa axuda dalguns nenos/as de 6º.







A que está chulo Bencho?

domingo, 21 de septiembre de 2014

COMENZAMOS UN CURSO ESPECIAL.

Arranca o curso escolar 2014/15 e faino coa visita Real dos nosos Reis Don Felipe e Dona Letizia ao noso Centro e polo tanto tamén lle tocou a nosa Horta acicalarse para lucir con aire renovado e recibir como se merece aos nosos monarcas.
Á chegada ao Centro interesaronse por como estaba o invernadoiro e a horta. Todo un honor.



A Horta de Bencho detras dalgunhas autoridades. Presidente da Xunta, Conselleiro, Alcalde



Toda a Comunidade Educativa do Ben Cho Shey

Os Reis diante dun mural que fixemos para a edición pasada de Voz Natura sobre ríos e mares.