domingo, 1 de febrero de 2015

NUNCA SEN ALMORZO

O pasado día 13 de Xaneiro do 2015 tivemos unha charla no Centro sobre merendas saudables, nunca sen almorzo que Puri da Consellería de Sanidade impartiu a todo o alumnado e posteriormente degustamos un lácteo e/ou froita e realizamos xogos cooperativos no patio.








RECOLLEMOS O BROCOLI E AS COLIFLORES

A volta do Nadal, o 9 de Xaneiro do 2015 aproveitamos que no comedor habia menestra de verduras para recoller da nosa Horta Real as coliflores e o brocoli.






RECOLLEMOS OS REPOLOS O 18 DE DECEMBRO DO 2014

O 18 de Decembro recollemos os repolos que plantaramos no mes de Setembro co gallo da visita Real  e levamolos a cociña para que Pilar a nosa encantadora cociñeira nos deleitara cun esquisito cocido navideño.



EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS AO ALUMNADO DO CENTRO.

O día 21 de novembro, dous días despois de vivir a experiencia de Galiciencia espuxeron os traballos os alumnos das clases nas que se realizaron a todo o alumnado do Centro, explicándolle o procedemento da realización da actividade, as conclusións, os consellos, ...











GALICIENCIA 2014 E OS NOSOS PROXECTOS

Este ano por pimeira vez Galiciencia estaba aberto a Educación Primaria e o noso centro animouse a participar con catro traballos de investigación enmarcados en catro proxectos relacionados co proxecto de Voz Natura:
- Pesticidas ecolóxicos de 6º de E.P.
- Comendo san, gañamos saúde de 5º de E.P.
- A botica do mel de 4º de E.P.
- Ben- Rubick de dous alumno do Centro: Cecilia e Mateo González
Resultou unha experiencia moi interesante e motivadora para o alumnado.








 O Conselleiro de Economía e Industria: Don Francisco Conde López interesouse polos nosos traballos e preguntoulles aos nenos/as nos diferentes stands.





EXPOSICIÓN DE CALACÚS

Como ven sendo habitual a semana antes do 30 de Outubro contando coa colaboración das familias levamos a cabo unha exposición de orixinais calacús onde o inxenio e a sofisticación están presentes. Aqui tedes unha mostra.








martes, 2 de diciembre de 2014

DÍA MUNDIAL DO NON USO DE PLAGUICIDAS

O 3 de decembro celébrase o Día Munidal do NON USO de PLAGUICIDAS. Unha data elexida polas más de 400 organizacións membros da PAN (Pesticide Action Network), para lembrar  aos máis de  16.000 mortos a consecuencia da catástrofe de Bophal, ocurrida na  India en 1984.
Ademáis dos accidentes graves e do dano aos ecositemas, os  plaguicidas provocan ao ano miles de problemas graves de saúde ( intoxicacións crónicas e agudas) en agricultores e consumidores ao entrar na cadea alimenticia.

O alumnado de Sexto de Primaria fixo unha investigación sobre os pesticidas ecolóxicos que expuxo en Galiciencia Deixovos algunas fotos.
Folla das ventaxas e inconvintes do uso de pesticidas

En Galiciencia, parque Tecnologico de Ourense

Co Conselleiro de Industria.