O día 1 de Xuño ten lugar a festa de Voz Natura en Acea de Ama, Culleredo, con entrada libre e participación en todalas actividades lúdicas e deportivas que se realizarán ao longo da xornada. Será o marco para a entrega de premios aos equipos autores dos mellores traballos ambientais do ano: o gran premio Galicia, os catro provinciais e os galardóns especiais do Comité científico. Ide pensando nesta data e preparándoos para pasalo ben en Coruña. Porán autobús que sairá dende o colexio.
Irei completando a información e incluso enviándovola á casa. Ánimo!!!!
domingo, 7 de abril de 2013
CHARLA SOBRE ENERXÍA EÓLICA
Berna, o papá de Alba e Anxo Rodríguez de 1º A e 4º de E. Primaria veu ao Centro, o día 2 de Abril, a darnos unha charla a todo o colexio sobre a enerxía eólica. Trouxonos un aeroxenerador de construcción propia para explicarnos as partes, o funcionamento, as ventaxas, os tipos, ... e púxonos un vídeo onde se ve o proceso de montaxe dun parque eólico.
Moitas grazas Berna pola túa disponibilidad, e colaboración co Centro e en concreto co proxecto de Voz Natura.
Moitas grazas Berna pola túa disponibilidad, e colaboración co Centro e en concreto co proxecto de Voz Natura.
RECOLLEMOS A COLIFLOR, O REPOLO E O BRECOLI PARA O PURÉ DO VENRES
O xoves fomos un neno/a de cada clase a recoller as coliflores do invernadoiro, os repolos e o brécol do horto para levar todos os vexetais á cociña e o venres degustámolos no comedor. Aproveitamos as verduras ecolóxicas do horto de Bencho para levar a cabo unha alimentación equilibrada e san.
GUÍA DE COIDADO DA NATUREZA
Os de 1º - A de E.P. están elaborando unha guía de coidado da natureza e este é un adianto do seu traballo. Ánimo rapaces, está quedando fenomenal.
lunes, 1 de abril de 2013
MURAL DA AUGA
Os nenos/as de 3º de Educación Primaria investigaron e traballaron sobre a auga, elaboraron unha guía de aforro e un precioso mural.
domingo, 31 de marzo de 2013
ESTAMOS ELABORANDO AS MAQUETAS
CHARLA SOBRE ECOXENERACIÓN: REAPROVEITAMENTO DAS ENERXÍAS
Carlos Saco, o papá de Antía de 4 anos, veu ao Centro o día 19 de Marzo a darnos unha charla sobre ecoxeneración, a contarnos como na súa empresa aproveitan as máquinas para utilizar varias enerxías a vez e diversificar o seu rendemento. Moitas grazas pola túa información e túa disponibilidade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








