Hoxe enviamos ás familias unha enquisa para que papá ou mamá nos contesten de xeito anónimo sobre o uso das prantas aromática ns e menciñeiras nos fogares, xa que dende o Centro estamos a facer un estudo sobre os usos das mesmas que recolleremos en gráficos e que saberedes os resultados neste blog.
Lembrai que a data de entrega é antes do 24 de Novembro .
Grazas pola vosa colaboración
miércoles, 15 de octubre de 2014
A MASCOTA DA HORTA
domingo, 21 de septiembre de 2014
COMENZAMOS UN CURSO ESPECIAL.
Arranca o curso escolar 2014/15 e faino coa visita Real dos nosos Reis Don Felipe e Dona Letizia ao noso Centro e polo tanto tamén lle tocou a nosa Horta acicalarse para lucir con aire renovado e recibir como se merece aos nosos monarcas.
Á chegada ao Centro interesaronse por como estaba o invernadoiro e a horta. Todo un honor.
Á chegada ao Centro interesaronse por como estaba o invernadoiro e a horta. Todo un honor.
![]() |
| A Horta de Bencho detras dalgunhas autoridades. Presidente da Xunta, Conselleiro, Alcalde |
![]() |
| Toda a Comunidade Educativa do Ben Cho Shey |
![]() |
| Os Reis diante dun mural que fixemos para a edición pasada de Voz Natura sobre ríos e mares. |
lunes, 30 de junio de 2014
BO VERÁN
Despois de moito traballo, moitas hora adicadas, pero tamén moita ilusión... merecemos un descanso. Collemos vacacións pero.... en septembro voltamos para traballar neste proxecto medioambiental e centrarnos na HORTA DE BENCHO na riqueza que acolle, no traballo de agricultor, do gandeiro, nos insectos e demáis vichería que viven na horta. Esperannos máis emocións e actividades a partir de septembro con enerxía renovada e con ideas frescas.
Felices Vacacións a todos e unha vez máis GRAZAS con maiúsculas pola vosa axuda, colaboración e participación.
Felices Vacacións a todos e unha vez máis GRAZAS con maiúsculas pola vosa axuda, colaboración e participación.
jueves, 5 de junio de 2014
RECOLLEMOS OS VEXETAIS DO INVERNADOIRO
O día 26 de Maio fomos a recoller os repolos, o brecol e as acelgas que tiñamos no invernadoiro para que na cociña nos fixeran un ríco puré de verdura a nosa cociñeira Pilar. Estaba delicioso con todos os vexetais ecolóxicos da nosa horta.
GRAZAS
Quero como coordinadora do Proxecto darvos a todos/as as grazas pola vosa axuda, colaboración e participación no proxecto Voz Natura.
Sen vós non sería posible levar a cabo un gran proxecto. Un proxecto ambicioso que se culminou e que foi moi amplo abarcando charlas, saídas, exposicións, traballos de investigación, obras de teatro, contacontos, talleres, plantacións no horto e no invernadoiro, recollidas dos vexetais para levalos a cociña, ...
Grazas con maíusculas. Con cariño: CELI

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)