sábado, 26 de enero de 2013

REXISTRO DE TEMPERATURAS

Os monitores da aula D'Abaixo: Cris, Santi, Modesto e Iago levan a cabo todolos días cos nenos que quedan na aula dende as 5 da tarde un rexistro de temperaturas que miden diarimente no horto de Bencho.
Suben tódolos días pola tarde a primeira hora, a colle-la temperatura exterior nun termómetro situado á entrada da horta. Alí aproveitan tamén para que os nen@s digan o tipo de tempo que fai (anubrado, soleado, cicloxénesis explosiva…) y botanlle un vistazo a horta controlando máis ou menos o crecemento da  verdura prantada, tanto no exterior coma no invernadeiro, tamén curiosean un pouco nos composteiros para observar o proceso de descomposición.Unha vez na Aula anotan nun gráfico, para que se vexa ao final do curso a oscilación das temperaturas entre o inverno, a primavera e o verán.Unha vez que remata a semana, os vernes, xuntan as temperaturas anotándoo con número e con símbolos metereolóxicos.
Moitas grazas pola vosa colaboración.



Observar e anotan a temperatura no horto e no invernadoiro



Rexistro das temperaturas

2 comentarios:

  1. Pouco a pouco os piratiñas van vendo como inflúe o tempo na horta! Ademáis é unha boa excusa para ir meter o nariz entre as verduras! Gracias por contar con nós!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa contades cun super termómetro que vos axudará nos vosos rexistros e observacións diarias. Sodes xeniales. Grazas.

      Eliminar