lunes, 27 de mayo de 2013

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Como coordinadora do proyecto quero agradecer a colaboración e a implicación de toda a Comunidade Educativa:

- A todo o alumnado dende 3 anos hasta 6º de Primaria que traballaron, investigaron, espuxeron os seus traballos, realizaron murais, maquetas, elaboraron comics, guías de aforro enerxético, de auga, semana das ciencias, ...
 - Ao profesorado do Centro pola disponibilidade para levar a cabo a proposta de programación horizontal e vertical incluida na PXA do Centro, e deseñada polo equipo de Voz Natura.
 - Á coidadora do Centro: Virginia pola súa gran implicación e colaboración nos murais e maquetas e en todalas propostas.
 - A Andrés pola súa axuda cos temas eléctricos, técnicos, fotográficos e a súa disponibilidade.  
 -Ao personal de cociña: Maite, Edita e Maruja por preparar os vexetais que lles levamos do horto e do invernadoiro e pola súa axuda activa na  compostaxe
 - Á Anpa pola colaboración, creación e representación para todo o Centro dunha obra de teatro sobre enerxías: Ben-cho-digo, polo teu ben”
- Ás familias pola súa aportación coas manualidades elaboradas con materiais de refugallo e a colaboración activa en todalas propostas
- Aos monitores da aula de Atención Temperá pola súa implicación: rexistro das temperaturas e participación na segunda semana de reciclaxe.
 - Ao Concello de Pereiro de Aguiar por traballar inicialmente o horto, despois de un ano sen plantalo, por traer terra vexetal, por recoller os papeis, pilas e plásticos que reciclamos no Colexio.
- Ao Concello de Esgos pola financiación do autobús para ir á festa Voz Natura o día 1 de Xuño.
         - Á monitora da Biblioteca: Eva por vir ao Centro a realizar as sesións de contacontos sobre a reciclaxe.
 - A Carlos, o pai de Antía Saco pola súa charla sobre ecoxeneración
 - A Berna o pai de Anxo e Alba Rodríguez pola súa charla sobre eólicos
 - Ao meu pai que colaborou no coidado e plantación do horto e do invernadoiro, cavando, desbrozando, sachando, preparando a terra e plantando con todo o alumnado do Colexio
 - A empresa Gaélica Solar, a Tecnópole pola guía e visita nas súas instalacións.
 - A Bea Monfort,  mamá de Martina de 3 anos por xestionar e facer posible a visita
 - A Pepe por deixarnos visitar o seu muiño de auga
- A Gas Natural pola visita guiada á Central Hidroeléctrica de Velle 
- A Ruben Garrido, o profe do IES Cidade de Antioquía pola súa exposición sobre biodiesel
 - A Raúl Fdez por colaborar na semana da reciclaxe, na  charla de ciencia creativa, polas explicacións na saída de Cachamuiña, ...
- Á Voz de Galicia por facerse eco dalgunhas das actividades realizadas no Centro, e en particular a Cándida Andaluz.

 Grazas a todos este proxecto fíxose realidade e abarcáronse moitos e variados campos. Só me queda dicir que con ilusión e esforzo consíguense grandes aprendizaxes e logros.  

2 comentarios: