domingo, 15 de marzo de 2015

A VIDA EN ECUADOR

Un misioneiro de Ecuador, Don Manuel Rodicio acudíu ao Centro o día 11 de Marzo para dar unha charla ao alumnado de Relixión de 4º, 5º e 6º de Primaria nunha actividade programada pola profe de Relixión en colaboración con Voz Natura para contarnos a súa experiencia en terras ecuatorianas, en concreto na cidade de JIPIJAPA que recibe o nome de " Sultana del Café" e ubicada ao sur da provincia de Marabí. 
Coñecemos a través de imaxes, nunha presentacion en Power Point, o poboado de "El Porvenir" e a familia de Pascuala, o seu modo de vida e costumes, o traballo da agricultura e da pesca, a fauna típica, cómo se planta e cultiva o café, Un modo de vida moi diferente á nosa.
Moitas grazas por facernos partícipes desta experiencia tan enriquecedora.  







No hay comentarios:

Publicar un comentario