domingo, 12 de abril de 2015

DÍA ETNOGRÁFICO- OFICIOS

O xoves,  dia 9, organizamos un día especial onde  13 oficios e/ou artesáns nos mostraron os seus traballos e nos explicaron a súa importancia ao longo dos anos. 
- Na nosa zona os animais eran un xeito de subsistenia e estaban presentes en todas as familias: as vacas, os porcos, as ovellas, ... ,
- As castañas: tipos, conservación, 
-  xunto coas patacas e os cereais eran os alimentos estrella dos avós, ... 
- Ademáis contábamos cos stands dos apeiros de labranza que xa non coñecemos nin o uso nin o nome, 
- os viveiros
- as podas e os inxertos das polas e como influe a polinización,  
- o mundo dos caracois
- o liño dende a planta hasta os traballos artesáns,
-  as velas elaboradas con cera de abella de distintos tipos e formas, 
- o barquilleiro que nos explicou o seu traballo,
-  a xardinería cos que aprendemos os utensilios, coidados necesarios, 
- as hamburguesas  de tenreira galega: Galeguesas
- unha cata de aceites





















GRAZAS A TODOS7AS OS QUE FIXESTES POSIBLE O PODER LEVAR A CABO ESTE DÍA TAN MARAVILLOSO: por estar con nós, por dicir que sí a miña proposta, por compartir o voso tempo e os vosos coñecementos, por deixarnos disfrutar da experiencia e pola vosa cercanía e cariño. Como coordinadora e organizadora quero transmitirvos en nome de todo o colexio a ilusión, as caras de satisfación e o dia maravilloso que vivimos con vós. GRAZAS A TODOS.

1 comentario: