Despois de recoller a nosa colleita " Real" plantada no mes de setembro agora tocaba vaciar os composteiros, traballar a terra e de novo volver a plantala.O venres dia 13 de Marzo voltamos a contar coa inestimable colaboración do meu pai que ven a traballar, facer o regos e plantar cos nenos/as do colexio.
viernes, 20 de marzo de 2015
domingo, 15 de marzo de 2015
A VIDA EN ECUADOR
Un misioneiro de Ecuador, Don Manuel Rodicio acudíu ao Centro o día 11 de Marzo para dar unha charla ao alumnado de Relixión de 4º, 5º e 6º de Primaria nunha actividade programada pola profe de Relixión en colaboración con Voz Natura para contarnos a súa experiencia en terras ecuatorianas, en concreto na cidade de JIPIJAPA que recibe o nome de " Sultana del Café" e ubicada ao sur da provincia de Marabí.
Coñecemos a través de imaxes, nunha presentacion en Power Point, o poboado de "El Porvenir" e a familia de Pascuala, o seu modo de vida e costumes, o traballo da agricultura e da pesca, a fauna típica, cómo se planta e cultiva o café, Un modo de vida moi diferente á nosa.
Moitas grazas por facernos partícipes desta experiencia tan enriquecedora.
XA TEMOS OBRA DE TEATRO !!!
Coma ven sendo habitual ao longo destes anos, Vivi escribiu unha divertida obra de teatro sobre a Horta de Bencho que representaremos o día 16 de Abril ás 4 da tarde para todo o alumnado do Centro. Xa subirei as fotos.
miércoles, 4 de marzo de 2015
A NOSA MAQUETA
Como todolos anos comenzamos a maqueta que este ano tenta reproducir a nosa horta. A horta de Bencho.Iredes vendo o proceso segundo transcurran os días
martes, 3 de marzo de 2015
O FASCINANTE MUNDO DAS ABELLAS
Ao longo de semana do 23 ao 27 de Febreiro do 2015 acolleuse no hall do Centro unha exposición temática sobre o fascinante mundo das abellas, na que o alumnado se mergullou na ampliación dos contidos traballos ao longo do primeiro trimestre.
Como cumio a tan interesante exposición monográfica o xoves 26 tivemos unha charla a cargo de Fina Pérez Movilla unha apicultura e bióloga, mamá de dous alumnos do Centro que fixo un percorrido sobre os aspectos fundamentais do mundo das abellas, polinización, ,propoleo, xalea real, conciención da necesidade das abellas, e unha cata de diferentes meles.
GRAZAS FINA POR TRANSMITIRNOS O TEU AMOR, COIDADO E GUSTO POLAS ABELLAS. É UN LUXO E UN HONOR CONTAR CON PAIS/NAIS COMA TI. GRAZAS.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)