martes, 3 de marzo de 2015

O FASCINANTE MUNDO DAS ABELLAS

Ao longo de semana do 23 ao 27 de Febreiro do 2015 acolleuse no hall do Centro unha exposición temática sobre o fascinante mundo das abellas, na que o alumnado se mergullou na ampliación dos contidos traballos ao longo do primeiro trimestre.

Como cumio a tan interesante exposición  monográfica o xoves 26 tivemos unha charla a cargo de Fina Pérez Movilla unha apicultura e bióloga, mamá de dous alumnos do Centro que fixo un percorrido sobre os aspectos fundamentais do mundo das abellas, polinización, ,propoleo, xalea real, conciención da necesidade das abellas, e  unha cata de diferentes meles.

GRAZAS FINA POR TRANSMITIRNOS O TEU AMOR, COIDADO E GUSTO POLAS ABELLAS. É UN LUXO E UN HONOR CONTAR CON PAIS/NAIS COMA TI. GRAZAS. 




























2 comentarios:

  1. Grazas a vós por convidarme, e por deixarme compartir cos cativos este maravilloso mundo tan descoñecido para a maioría da xente.
    Foi un pracer estar con vós. Ver os nenos tan motivados e interesados polas abellas foi moi gratificante. Penso que algo lles quedou.
    Soubo a pouco.

    Grazas a tódolos docentes do centro, en especial a Celi e Susana que fixeron posible a actividade.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Fina sabes que como coordinadora de Voz Natura non teño mais que palabras de eloxio a todos os pais/nais que coma tí, de xeito altruita e desinteresado compartides coa comunidade educativa os vosos coñecementos, ilusións e gañas e que facedes posible a realización deste tipo de actividades e que os nenos vivencien os aprendizaxes. Grazas con maiúsculas.

    ResponderEliminar